O Concello de Moeche solicitaralle á Xunta que o seu territorio sexa declarado zona de montaña para efectos da PAC
O Concello de Moeche vén de solicitar unha reunión con responsables do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) para presentarlles a solicitude formal de que o municipio sexa cualificado como zona de montaña no ámbito das axudas da Política Agraria Comunitaria. Canda a solicitude incluirase un informe elaborado polo Doutor en Xeoloxía Francisco Canosa no …